O proxecto



Imos saír de viaxe, imos dar a volta ao mundo en 80 días da man de Jules Verne. Como os vellos navegantes, como Ulises, somos curios@s e queremos saber como son os outros pobos, que linguas falan outras xentes. Porque nós non imos na procura do ouro  nin da fonte da eterna xuventude, como foran os antigos descubridores; nós saímos á procura de linguas. Queremos saber cantas linguas se falan no Planeta. Queremos saber como lle chaman @s outr@s ao mar ou á terra. Queremos saber como soaría a Rianxeira en China ou en México. Queremos saír da casa para poder regresar a ela máis sabios; pois viaxar é coñecer, é aprender é respectar mesmo aquilo que se ignora. A nosa viaxe iníciase e remata en Rianxo, pero polo camiño faremos varias recaladas literarias tras as pegadas de Phileas Fogg. O noso destino é facer unha descoberta: o plurilingüismo. Se ben a nosa meta é outra: pretendemos descubrir que lugar ocupa o galego no medio dese mundo de linguas. Porque precisamos coñecer o que nos rodea, descubrir o que é diferente, para coñecernos e respectarnos a nós mesm@s; para regresar a casa un pouco máis grandes, un pouco máis sabi@s, un pouco máis human@s.

Como un día dixo Rosalía: Ánimo, compañeir@s! Toda a Terra é dos homes e das mulleres. Quen non viu nunca máis que a propia, a ignorancia o consome. Porén non debemos esquecer, como di Sés, que non pode amar o alleo quen non respecta o que ten.

Ningún comentario:

Publicar un comentario