O marco



OBXECTIVOS
   
Ø  Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado Español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o contacto de linguas.
Ø  Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.
Ø  Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia  e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.
Ø  Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural e académica.
Ø  Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.
Ø  Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
Ø  Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico.
Ø  Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as Bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC, para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes.
Ø  Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección.
Ø  Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.

CONTIDOS

B1-B2. Comunicación

Ø  Comprensión e interpretación de textos orais utilizados no ámbito social e educativo
Ø  Desenvolvemento de habilidades de escoita activa .
Ø  Valoración das producións orais emitidas cunha fonética e prosodia correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.
Ø  Produción de discursos orais, en intervencións espontáneas, adecuados á situación e á intención comunicativa desexada.
Ø  Participación activa en situacións propias do ámbito educativo.
Ø  Coñecemento e aplicación de estratexias necesarias para falar en público.
Ø  Construción de discursos adecuados, cohesionados e coherentes desde o punto de vista comunicativo, sobre temas de interese persoal ou social da vida cotiá e educativa.
Ø  Aplicación de técnicas de análise do contido e estratexias de lectura comprensiva.
Ø  Comprensión e interpretación de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais.
Ø  Comprensión e interpretación de textos do ámbito educativo, especialmente, descritivos, narrativos e expositivos sobre as distintas materias curriculares: webs educativas, dicionarios, glosarios e enciclopedias en diversos soportes.
Ø  Utilización guiada da biblioteca e das TIC para obter información.
Ø  Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados á situación comunicativa.
Ø  Planificación e revisión do escrito, de forma guiada, para producir textos adecuados.
Ø  Produción, en formato papel ou dixital, de textos propios da vida cotiá.
Ø  Produción, en soporte impreso ou dixital, de textos propios da vida educativa.
Ø  Produción, en soporte impreso ou dixital, de textos de distintos xéneros: descricións, narracións de feitos e exposicións de ideas e conceptos.
Ø  Uso, con progresiva autonomía, das TIC (procesadores de textos e correctores ortográficos) na planificación, revisión e presentación dos escritos.
Ø  Autoavaliación da aprendizaxe da lingua cunha actitude activa e de confianza.

B3. Funcionamento da Lingua

Ø  Recoñecemento de léxico suficientemente amplo e preciso a partir de campos léxicos traballados na aula.
Ø  A fonoloxía do galego, con especial atención a posibles interferencias.
Ø  Uso eficaz dos dicionarios e doutras fontes de consulta, tanto en papel como en soporte electrónico, especialmente sobre clases de palabras e normativa.
Ø  Aplicación e valoración das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.
Ø  Uso da puntuación en relación coa cohesión textual.
Ø  Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivo, adxectivo cualificativo, verbo, adverbio, etc.) así como a diferenza entre palabras flexivas e non flexivas para a creación e comprensión de textos.
Ø  Coñecemento das estratexias necesarias de autoavaliación, aceptando o erro como parte do proceso.
Ø  Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.).
Ø  Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada.

B4. Lingua e Sociedade

Ø Valoración das linguas como medios de relación interpersoal e sinal de identidade dun pobo.
Ø O plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.
Ø A lusofonía.
Ø Análise da situación sociolingüística a partir do contexto familiar do alumnado.
Ø Desenvolvemento de actitudes positivas cara ao proceso de recuperación do galego.
Ø Situación sociolingüística e legal das linguas de España.
Ø Prexuízos lingüísticos.
Ø Recoñecemento e valoración dos principais fenómenos que caracterizan as variedades diatópicas do galego.


B5. Educación Literararia


Ø Lectura, con regularidade e de maneira guiada, de obras literarias; exposición da opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade.
Ø Comparación de textos literarios e non literarios.
Ø Produción de textos sinxelos de intención estética.
Ø Descrición e caracterización dos trazos definitorios básicos da canción.
Ø Familiarización co emprego dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais, para a procura de información básica e a resolución de dúbidas de traballo.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES E COMPENTCIAS CLAVE

B1-2. Comunicación

Ø Comprende e interpreta a intención comunicativa de textos orais sinxelos .
Ø CCL / CAA
Ø Traslada a información relevante ou a idea xeral de textos sinxelos a resumos.
Ø CCL / CAA
Ø Recoñece, xunto ao propósito e a idea xeral, os datos máis relevantes en textos orais do ámbito social e educativo.
Ø CCL / CAA
Ø Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe con progresiva autonomía.
Ø CCL / CAA
Ø Coñece e aprecia as normas que rexen a cortesía na comunicación oral .
Ø CCL / CSC
Ø Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre e volume).
Ø CCL / CAA / CSC / CSIEE
Ø Identifica a intención comunicativa, as ideas principais e as secundarias de programas informativos.
Ø CCL
Ø Consulta os medios de información dixitais para seleccionar contidos relevantes e incorporalos ás súas producións.
Ø CD / CAA / CSIEE
Ø Emprega as TIC para facer as súas presentacións máis claras e visualmente atractivas.
Ø CD / CCL / CSIEE
Ø Aprecia a emisión dunha pronuncia correcta, recoñece os erros de produción oral propia e allea.
Ø CCL / CAA
Ø Comprende e rexeita os prexuízos que se poidan asociar á pronuncia da lingua galega.
Ø CAA
Ø Usa, se a posúe, a variante dialectal propia e asúmea como a variedade habitual do seu contexto.
Ø CCL / CCEC
Ø Produce textos orais, en intervencións espontáneas, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada.
Ø CCL / CSC
Ø Intervén en debates e coloquios do ámbito educativo, respectando as regras de interacción.
Ø CCL / CSC
Ø Cínguese ao tema, non divaga e atende ás instrucións da persoa moderadora nos debates e coloquios.
Ø CCL / CSC
Ø Elabora guións para organizar os contidos de exposicións formais ou informais breves.
Ø CAA
Ø Manifesta autocontrol das emocións ao falar en público e diríxese ao auditorio con autoconfianza e seguridade
Ø CCL / CSC / CSIEE
Ø Analiza similitudes e diferenzas entre discursos formais e espontáneos.
Ø CAA
Ø Recoñece e avalía erros (pobreza léxica e castelanismos) nos discursos orais propios e alleos e trata de evitalos.
Ø CAA / CCL
Ø Participa en conversas informais nos que intercambia información e expresa a súa opinión.
Ø CCL / CSC / CSIEE / CCEC
Ø Desenvólvese correctamente en situacións da vida cotiá que implique solicitar unha información ou un servizo.
Ø CSC / CSIEE
Ø Utiliza técnicas de análise e síntese do contido: subliñados, esquemas e resumos.
Ø CCL / CCA
Ø Reconstrúe o sentido global e compón o esquema xerarquizado das ideas.
Ø CCL
Ø Procura o léxico descoñecido en dicionarios, analiza a forma da palabra ou deduce o significado polo contexto.
Ø CCL / CCA
Ø Interpreta o significado de elementos non lingüísticos (símbolos, iconas, etc.).
Ø CCL
Ø Busca información para ampliar e completar o contido das mensaxes a través de distintos recursos.
Ø CCL / CCA / CD
Ø Contrasta os contidos analizados cos coñecementos propios, antes e despois da lectura.
Ø CCL / CCA
Ø Comprende, interpreta e sintetiza o contido de textos propios da vida cotiá.
Ø CCL / CSC
Ø Comprende, interpreta e sintetiza textos propios da vida educativa: webs educativas, información de dicionarios…
Ø CCL / CAA / CD / CSC
Ø  Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe guiadas, con progresiva autonomía.
Ø CCL
Ø Usa de forma guiada as bibliotecas e as TIC para obter información e consultar modelos de composición escrita.
Ø CCL / CAA / CD
Ø Identifica e evita o uso de expresións habituais que evidencian prexuízos de distinta natureza: relixiosos, raciais e sexistas.
Ø CCL / CSC
Ø Le en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados e con respecto pola puntuación do texto.
Ø CCL
Ø Utiliza esquemas sinxelos e notas para ordenar as ideas e estruturar o contido do texto.
Ø CCL
Ø Puntúa o texto en relación coa forma do texto (os parágrafos e a organización das ideas expresadas).
Ø CCL
Ø Revisa o texto con respecto ás normas morfolóxicas, ortográficas e tipográficas.
Ø CCL / CD
Ø Produce textos propios das relacións sociais: notas, cartas, avisos, mensaxes electrónicas ou de móbil.
Ø CCL / CD / CSC
Ø Produce textos descritivos, narrativos e expositivos propios da vida educativa (resumos, conclusións …).
Ø CCL / CD
Ø Produce textos de distintos xéneros: descricións, narracións de feitos e exposicións de ideas e conceptos.
Ø CCL
Ø Utiliza, con progresiva autonomía, un procesador de textos para organizar os contidos e mellorar a presentación.
Ø CCL / CD
Ø Emprega os correctores ortográficos para resolver dúbidas e revisar a ortografía.
Ø CCL / CD
Ø  Participa, de modo guiado, nas tarefas de revisión e mellora das producións propias e alleas.
Ø CCL / CAA
Ø Acepta o erro como parte do proceso de aprendizaxe e mostra unha actitude positiva de superación.
Ø CCL / CAA

B3. Funcionamento da Lingua

Ø Recoñece e pronuncia correctamente os fonemas propios da lingua galega.
Ø CCL / CAA
Ø Obtén, de xeito autónomo, información lingüística relativa á clase de palabras e a normativa en dicionarios…
Ø CCL / CD
Ø Aplica as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.
Ø CCL
Ø Aplica estratexias para a corrección lingüística, gramatical e ortográfica dos textos.
Ø CCL
Ø Usa a puntuación de acordo coa cohesión textual.
Ø CCL
Ø Recoñece o uso das categorías gramaticais nos textos e distingue as flexivas das non flexivas.
Ø CCL / CAA
Ø Recoñece os erros nas producións orais e escritas propias e alleas a partir da avaliación e autoavaliación.
Ø CCL / CAA
Ø Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, etc.).
Ø CCL / CAA / CD
Ø Utiliza os coñecementos lingüísticos nunha das linguas, para mellorar a produción dos textos en calquera das outras.
Ø CCL / CAA

B4. Lingua e sociedade

Ø  Valora a lingua como instrumento co cal se constrúen os saberes, como medio de relación interpersoal e sinal de identidade dun pobo.
Ø CCL
Ø Coñece as linguas que se falan en Galicia.
Ø CCL
Ø Coñece os territorios que forman parte da comunidade lusófona.
Ø CCL / CSC
Ø Describe e analiza a situación sociolingüística de Galicia a partir do estudo do seu contexto familiar e a do resto do alumnado.
Ø CCL / CSC
Ø Coñece e valora os antropónimos galegos.
Ø CCL / CSC
Ø Analiza a súa propia práctica lingüística e valora a importancia de contribuír individual e socialmente á normalización da lingua galega.
Ø CCL / CSC
Ø Aprecia as variantes diatópicas do galego como símbolo de riqueza lingüística e cultural.
Ø CCL / CSC
Ø Coñece as principais variantes diatópicas do galego e clasifica producións lingüísticas segundo o bloque dialectal ao que pertencen.
Ø CCL / CSC
Ø Coñece a lexislación que regula os dereitos lingüísticos individuais.
Ø CCL / CSC
Ø Coñece o que é un prexuízo. Detecta e analiza a presenza de novos e vellos prexuízos cara ao galego.
Ø CCL / CSC
Ø Rexeita os prexuízos sobre as variedades dialectais e utiliza os trazos propios da súa zona.
Ø CCL

B5. Educación literaria

Ø Le obras literarias e expón unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade.
Ø CCL
Ø Compara textos literarios e non literarios e describe as súas diferenzas e similitudes.
Ø CCL
Ø Diferencia textos dos tres grandes xéneros a partir dos seus trazos característicos máis xerais.
Ø CCL
Ø Escribe textos sinxelos de intención estética, servíndose dos coñecementos literarios adquiridos
Ø CCL / CCEC
Ø Describe e caracteriza os trazos definitorios básicos da canción como linguaxe artística.
Ø CCL / CCEC
Ø Identifica e describe, nunha canción dada, os seus principais trazos definitorios.
Ø CCL / CCEC
Ø Familiarízase co emprego dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.
Ø CCL / CD



Ningún comentario:

Publicar un comentario