As maneiras




Ao botar a andar, é bo que nos guiemos por unha carta de ruta, para non perdernos. É bo ollar arredor e saber onde estamos en cada momento, polo que resulta necesario encadrar este proxecto no marco da Programación Didáctica do Departamento e do Currículo da materia de LGL, publicado no Decreto 86/2015. Para isto, no final do documento recóllense os Obxectivos que perseguimos, os Contidos que abordaremos, así como os Mínimos con respecto aos Estándares de aprendizaxe avaliables e a súa relación coas Competencias Clave. Todo, no apartado O marco.

Finalmente, para realizar a nosa viaxe precisamos un temporizador que nos lembre que o tempo pasa e uns Instrumentos e Procedementos que nos permitan avaliar o aprendido en cada momento, para poder, a través dos mesmos, sinalar os Índices de logro para cada Actividade, unhas veces mediante a Avaliación por parte da persoa docente, outras mediante a Coavaliación e sempre mediante a Autoavaliación por parte do propio alumnado.
TEMPORALIZACIÓN (TODO O CURSO). Procuraremos esta distribución do traballo:

1ºESO (4h.)

LGL
1 hora semanal
Entrega da GUÍA (Comunicación oral: escoitar e falar)
Ø  Explicación de contidos básicos e discusión na aula arredor dos mesmos.
Ø  Indicación das tarefas a realizar arredor dos mesmos
1 hora semanal
Produción de textos (Comunicación escrita: ler e escribir)
Ø  Entrega e/ou proxección de textos relacionados cos contidos traballados
Ø  Produción de textos semellantes
1 hora semanal
Lectura na aula (Literatura e Funcionamento da Lingua)
Ø  Realización da lectura A volta ao mundo en 80 días
Ø  Debate, comentario e realización de actividades relacionadas co Funcionamento da Lingua a través da lectura realizada
1 hora semanal
Traballo de investigación (Lingua e Sociedade)
Ø  Procura na rede de información, seguindo as pautas dadas.
Ø  Elaboración da información obtida, respectando un guión dado.
Ø  Creación dunha presentación, combinando distintos tipos de textos.
Ø  Exposición oral na aula dos resultados da investigación realizada, apoiándose nas TICs para proxectar o produto final.

Ao longo dos trimestres iremos realizando as exposicións orais na aula. Ademais cada trimestre o alumnado realizará dúas lecturas fóra da aula. E, na penúltima semana de cada trimestre, dedicaremos unha sesión á realización da proba escrita. Finalmente, nas dúas últimas semanas de cada trimestre elaboraremos o Produto do noso Proxecto: 

Ø  1º trimestre: Mural co Mapamundi.
Ø  2º trimestre: Guía para a Saída Didáctica
Ø  3º trimestre: Saída Didáctica para desenvolver unha situación de aprendizaxe real.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN COS SEUS CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Procedementos de Avaliación
Instrumentos de Avaliación
Ø  Escoita activa na aula
Ø  Intervencións adecuadas
Ø  Participación en conversas, charlas, diálogos, debates...
Ø  Observación directa
Ø  Gravacións
Ø  Autoavaliación
Ø  Coavaliación
Ø  Rexistro de intervencións na Libreta de Alumnoas (10%)
Ø  Lectura na aula de A volta ao mundo… (10%)
Ø  Exposición oral do traballo de investigación na aula (10%)
Ø  Lectura comprensiva e expresiva da obra na aula
Ø  Produción de novos textos
Ø  Creación de produtos artísticos
Ø  Adquisición de novo léxico, retención dunha expresión correcta e identificación das clases de palabras a partir da lectura da obra.
Ø  Autoavaliación e Coavaliación
Ø  Cartafol para recoller as producións escritas do alumnado (10%)

Ø  Elaboración dun traballo de investigación (10%)
Ø  Investigación arredor do Proxecto A volta ao mundo en 80 linguas
Ø  Produto/s do Proxecto (20%)


ÍNDICES DE LOGRO PARA CADA TAREFA (indícanse en cada Tarefa)


Ningún comentario:

Publicar un comentario