A avaliación



Avaliación do proceso de aprendizaxe

A avaliación realizarase a través dos distintos instrumentos de avaliación que vimos mencionando, respectando os Criterios de Cualificación establecidos para cada un. Cada Actividade recollerá, xunto aos Mínimos para concretar os Estándares de aprendizaxe avaliables, un Índice de Logro tanto para a persoa docente como para a persoa discente. Algunhas actividades ou tarefas propostas requerirán ademais dunha Coavaliación.
Para completar a nota do trimestre, sumaranse á avaliación do labor realizado no desenvolvemento deste Proxecto a avaliación das Lecturas realizadas fóra da aula e a avaliación da Proba escrita.

Avaliación do proceso de ensino

No final do trimestre o alumnado cubrirá unha enquisa arredor do labor realizado pola persoa docente, quen resumirá o resultado das enquisas nunha táboa onde se indiquen os Índices de Logro con respecto aos Obxectivos marcados. 

Avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe

No inicio do 3º trimestre, como medida obxectiva, realizarase unha avaliación de diagnóstico, seguindo os modelos oficiais adecuados ao nivel académico do alumnado. O resultado desta avaliación servirá á persoa docente para adecuar o seu labor á situación académica do seu alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario